Termas Romanas

Termas Romanas

Restos romanos de acceso gratuíto, destacando polo seu apodicterio, bóvedas e urnas en muros, que ofrecen unha experiencia histórica única á beira do río.
Os restos dos baños romanos de Lugo, declarados monumento histórico-artístico en 1931, están dentro das instalacións do Hotel Balneario, á beira do Miño, e son de acceso libre ó público. A parte conservada máis notable é o apodycterium, estancia na que se espían os usuarios. En primeiro lugar, vese unha grande sala con pavimento de opus signinum, composto de rebo de tella e ladrillo con cal. Ó fondo hai dúas portas en arco que dan paso a dúas estancias aparelladas, ambas cubertas de bóvedas e co chan de lousas. Nas paredespódense ver dezaoito furnas con arco tamén de medio punto, que facían as veces de armarios para gardar a roupa