Lugo Verde
A beira oeste
Bosques frondosos, sendeiros encantadores e patrimonio etnográfico ofrecen unha experiencia única para os camiñantes, con vistas impresionantes e unha rica h...
A beira oeste do Miño en Lugo é, de momento, a menos coñecida das dúas marxes do gran río da cidade. Dicimos de momento porque o potencial sendeirista e de esparcemento de toda esta zona é realmente fabuloso. Bosques, corredoiras de fantasía e patrimonio etnográfico -entre outros- vanvos namorar xa a primeira vista.
PERCORRIDO
Comezaremos esta ruta nun lugar simbólico: a pasarela de San Lázaro. Unha das pontes máis modernas sobre o Miño en Lugo, peonil, e profundamente romántica. É ademais punto de enlace de dous lugares de moito interese: a vella Fábrica da Luz e o conxunto monumental de San Lázaro.
Propoñemos comezar a ruta na beira este para simbólicamente facer a travesía dunha beira a outra, pero é posible comezar o percorrido en calquera das dúas marxes.
O primeiro punto de gran interese do itinerario atopámolo nada máis comezar: ese conxunto histórico (San Lázaro) do que xa falamos e que é xunto coa Ponte Romana o maior símbolo deste gran barrio lucense que é o da Ponte. Vello lazareto, cemiterio e igrexa do século XVIII, pero as primeiras referencias deste lugar remóntanse nada menos que ao século XII.
Camiñaremos todo recto e seguindo o Camiño Primitivo á inversa ata atoparnos coa Ponte Romana (orixe da contrución no século I). Unha vez pasada a mesma continuamos pola beira do río, pasaremos o Caneiro do Muíño, e un pouco despois da Ponte Branca (a máis moderna das pontes de Lugo) adentrarémonos no espectacular sendeiro que protagoniza esta novidosa ruta.
Moi frecuentados por pescadores, estes camiños polos que nos desprazamos hoxe condúcenos ata o lugar de Santalla de Cuíña, unha das parroquias máis senlleiras do municipio. Asombrarémonos coa frondosa e salvaxe vexetación (moi distinta á do resto de paseos fluviais) e sobre todo con algúns estreitos tramos de corredoiras, encaixonadas, que nos farán sentirnos dentro dalgunha película ou conto máxico.
O ecuador da nosa ruta chegará cando pasemos pola igrexa de Santalla, onde atoparemos nun panel esta formidable información: "Segundo os historiadores, nesta parroquia estivo o antiquísimo mosteiro de Santalla de Fingoi, fundado contra mediados do século X por Eidoncia ou Aldonza Gundesindiz, irmá da podente condesa Paterna de Présaras. A advocación vive aínda na patroa parroquial e na aldea de Santalla; o topónimo Fingoi perdeuse nesta parroquia, pero continúa na outra banda do Miño, no que hoxe é o sur da cidade de Lugo"
Que vos parece? Unha historia moi descoñecida para moitísimos lucenses, e que agardamos poñer en valor.
A segunda parte do percorrido vainos levar primeiramente pola estrada de Cuíña, na que teremos que agudizar os sentidos e tomar as precaucións adecuadas á hora de camiñar por calquera vía de tránsito, pero o percorrido non perderá espectacularidade. Debemos aproveitar especialmente as paisaxes que nos brinda a maior altura respecto ao primeiro tramo da ruta.
Unha vez chegados á estrada vella de Santiago debemos baixar por ela ata chegar o desvío de Pontegaos. Tomaremos este rumbo e atoparémonos con ese núcleo tradicional tan fermoso e curioso, dende o que tamén poderemos divisar unhas fermosas vistas cara o “novo Lugo” do sur da cidade.
Chegados á rúa vella da Ponte, collerémola cara a esquerda e subiremos todo recto ata atoparnos cos mencionados bosques e cunhas incribles vistas cara o Miño. Un lugar onde a denominación de Reserva da Biosfera UNESCO toma todo o seu valor.
Nestes bosques podemos pasar un bo rato desfrutando da natureza, e podemos aproveitar ángulos fotográficos marabillosos como algúns dos que miran cara a Catedral e o centro de Lugo.
Atravesados os bosques, en canto chegamos a unha pequena estrada asfaltada, temos que tomar dirección cara a dereita en baixada de novo cara o conxunto monumental de San Lázaro.
Acequia do Rei Chiquito
Canle medieval con beleza natural e relevancia cultural, ideal para pasear e desfrutar da natureza, un testemuño da enxeñaría hidráulica histórica.
Aula Naturaleza O Veral
Espazo educativo nun entorno natural con sendeiros interpretativos e obradoiros interactivos, ideal para explorar a flora e a fauna e promover a conciencia a...
Caneiro Acea da Olga
Un refuxio natural con vexetación exuberante e sendeiros, ideal para actividades recreativas e momentos de contemplación xunto ao río.
Fábrica da Luz
Un espazo cultural transformado dunha instalación industrial, ofrece exposicións, obradoiros e eventos, fusionando o patrimonio histórico coa arte contemporá...
Huertos Urbanos del Río Rato
Espazo comunitario á beira do río que promove a agricultura sostible, a educación ambiental e a cohesión social con obradoiros e actividades para todas as id...
Terra de canteiras
Unha ruta rural en Lugo con paisaxes naturais, pontes e viadutos históricos, igrexas e bosques frondosos. Ideal para camiñar e gozar do campo.
Ruta Muíños Mera
Un lugar máxico con fervenzas, muíños históricos e unha rica biodiversidade. Ideal para sendeirismo, ofrece vistas impresionantes e formacións rochosas.
Ruta das Chousas
Un sendeiro natural e etnográfico con abundante vexetación, fauna diversa e elementos culturais como muíños e pontes, ideal para amantes da natureza.
O Vello Lugo Agrario
Unha ruta máxica que presenta un monumento romano único, paisaxes agrícolas tradicionais, muros de pedra galegos e unha rica variedade de flora, ideal para o...
O pequeno Froilán
Unha ruta turística en Lugo que combina historia e natureza: o muro romano, a catedral, o regueiro das Hortas, a ponte romana e o bosque de San Lázaro.
Lucenses
Unha ruta histórica con muros romanos, pontes antigas, un contorno natural frondoso e un cemiterio icónico de relevancia artística e histórica. Ideal para tu...
Lamas
Un sendeiro natural con fermosas paisaxes, bosques e arte urbana. Ideal para fuxir do bullicio e gozar da natureza preto do río Miño.
Garabolos
Esta ruta urbana ofrece vistas panorámicas, arte urbana e natureza, coas ruínas dun acueduto romano como atractivo destacado. Ideal para o turismo cultural e...
As ribeiras altas- Miño arriba
Unha ruta ideal para deportes acuáticos, cunha paisaxe de carballais e pradeiras. As excursións en remo e en catamarán son un dos puntos máis destacados. As ...
Anel Verde
Unha ruta circular de 20 km en Lugo, notable polos seus bosques, arte urbana e rica fauna. Ideal para camiñar e gozar da natureza sen saír da zona urbana.
A senda do Fervedoira
Unha ruta por Lugo con paisaxes espectaculares, arte urbana, vexetación frondosa e barrios pintorescos. Ideal para amantes da natureza e da cultura.
A beira oeste
Bosques frondosos, sendeiros encantadores e patrimonio etnográfico ofrecen unha experiencia única para os camiñantes, con vistas impresionantes e unha rica h...