Lugo Verde
Terra de canteiras
Unha ruta rural en Lugo con paisaxes naturais, pontes e viadutos históricos, igrexas e bosques frondosos. Ideal para camiñar e gozar do campo.
Esta ruta, especialmente rural, vainos levar non só pola magnífica natureza lucense, senón tamén polas terras de onde din que proveñen probablemente moitas das pedras que hoxe -e dende hai 1700 anos- coroan a nosa gran cidade: Terra de Canteiras.
PERCORRIDO
Comezaremos o noso percorrido na Porta da Estación, unha das cinco portas máis modernas da Muralla e que foi contruída para abrir a cidade ás vías de tren cando este chegou a Lugo a finais do século XIX.
Baixaremos cara o río Rato pola rúa Nicomedes Pastor Díaz, posteriormente Montero Ríos, e finalmente o Camiño de Friás. Unha memoria toponímica do barranco de Frías, que era o nome de toda a zona que actualmente é chamada barrio da Estación.
Avanzaremos Rato abaixo cara o histórico barrio da Chanca, antes atopándonos co punto no que o río une as súas augas coas do Fervedoira, precioso río que nace case 11 quilómetros máis arriba do lugar onde nos atopamos.
Unha vez chegados á Chanca gozaremos dunha contorna histórica formidable, coa Ponte Vella da Chanca e o Viaduto da Chanca (1871-1874) como protagonistas. Neste punto conectaremos co Camiño Primitivo a Santiago e faremos un pequeno tramo en dirección inversa aos peregrinos que camiñan cara Compostela.
Subindo pola Chanca atoparémonos en primeiro termo coa igrexa de Santiago Apóstol en Castelo, atravesaremos o barrio, e durante un tramo do percorrido camiñaremos moi preto das vías de tren. Unha das poucas zonas da cidade na que se pode gozar deste privilexio.
Unha vez deixemos as vías ferroviarias, entraremos na frondosa paisaxe da contorna do Rato: carballeiras, soutos e bosques centenarios que nos farán sentir moi alonxados da cidade.
Nesta zona teremos infinidade de alternativas para avanzar no noso camiño. Nós propoñemos ir pola estrada de Penoucos cara Bosende e logo baixar cara o Rato, pero é tamén posible perderse e gozar dun fermoso paseo por esta famosa Terra de Canteiras, por exemplo indo ata Buratai ou Barbaín.
O noso regreso cara o centro histórico farémolo si polo paseo cardiosaludable do Rato, tendo, iso si, a opción de facelo tanto pola propia marxe do río, como tamén polo paseo alternativo que está un pouco máis arriba na marxe leste.
PUNTOS DE INTERESE
Estación de tren: O ferrocarril chegou a Lugo no ano 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo, e dende esa data a cidade espandiuse cara ese leste do mapa. A estación de Lugo é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular.
Camiño de Friás: O Barranco de Friás era o nome que tiña o barrio da Estación antes da chegada do tren. Daquela antiga toponimia queda hoxe o recordo con este camiño que conecta a rúa do Portiño con Montero Ríos
Río Fervedoira: un dos ríos máis longos da cidade e que trascorre íntegramente no termo municipal. O Fervedoira nace nas Carreciñas a 578 metros de altitude, no Outeiro de Fompedriña, preto da aldea de Vilachá, na parroquia de Labio. Despois de transitar polas parroquias de Rubiás, Pedreda e Santa María de Muxa entra á cidade polo barrio do Portiño e desemboca no río Rato, co que conflúe ata o río Miño.
Acequia do Rei Chiquito
Canle medieval con beleza natural e relevancia cultural, ideal para pasear e desfrutar da natureza, un testemuño da enxeñaría hidráulica histórica.
Aula Naturaleza O Veral
Espazo educativo nun entorno natural con sendeiros interpretativos e obradoiros interactivos, ideal para explorar a flora e a fauna e promover a conciencia a...
Caneiro Acea da Olga
Un refuxio natural con vexetación exuberante e sendeiros, ideal para actividades recreativas e momentos de contemplación xunto ao río.
Fábrica da Luz
Un espazo cultural transformado dunha instalación industrial, ofrece exposicións, obradoiros e eventos, fusionando o patrimonio histórico coa arte contemporá...
Huertos Urbanos del Río Rato
Espazo comunitario á beira do río que promove a agricultura sostible, a educación ambiental e a cohesión social con obradoiros e actividades para todas as id...
Terra de canteiras
Unha ruta rural en Lugo con paisaxes naturais, pontes e viadutos históricos, igrexas e bosques frondosos. Ideal para camiñar e gozar do campo.
Ruta Muíños Mera
Un lugar máxico con fervenzas, muíños históricos e unha rica biodiversidade. Ideal para sendeirismo, ofrece vistas impresionantes e formacións rochosas.
Ruta das Chousas
Un sendeiro natural e etnográfico con abundante vexetación, fauna diversa e elementos culturais como muíños e pontes, ideal para amantes da natureza.
O Vello Lugo Agrario
Unha ruta máxica que presenta un monumento romano único, paisaxes agrícolas tradicionais, muros de pedra galegos e unha rica variedade de flora, ideal para o...
O pequeno Froilán
Unha ruta turística en Lugo que combina historia e natureza: o muro romano, a catedral, o regueiro das Hortas, a ponte romana e o bosque de San Lázaro.
Lucenses
Unha ruta histórica con muros romanos, pontes antigas, un contorno natural frondoso e un cemiterio icónico de relevancia artística e histórica. Ideal para tu...
Lamas
Un sendeiro natural con fermosas paisaxes, bosques e arte urbana. Ideal para fuxir do bullicio e gozar da natureza preto do río Miño.
Garabolos
Esta ruta urbana ofrece vistas panorámicas, arte urbana e natureza, coas ruínas dun acueduto romano como atractivo destacado. Ideal para o turismo cultural e...
As ribeiras altas- Miño arriba
Unha ruta ideal para deportes acuáticos, cunha paisaxe de carballais e pradeiras. As excursións en remo e en catamarán son un dos puntos máis destacados. As ...
Anel Verde
Unha ruta circular de 20 km en Lugo, notable polos seus bosques, arte urbana e rica fauna. Ideal para camiñar e gozar da natureza sen saír da zona urbana.
A senda do Fervedoira
Unha ruta por Lugo con paisaxes espectaculares, arte urbana, vexetación frondosa e barrios pintorescos. Ideal para amantes da natureza e da cultura.
A beira oeste
Bosques frondosos, sendeiros encantadores e patrimonio etnográfico ofrecen unha experiencia única para os camiñantes, con vistas impresionantes e unha rica h...