Lugo Verde

As ribeiras altas- Miño arriba

As ribeiras altas- Miño arriba

Unha ruta ideal para deportes acuáticos, cunha paisaxe de carballais e pradeiras. As excursións en remo e en catamarán son un dos puntos máis destacados. As ...
Este itinerario circular ten a súa saida e chegada na propia zona urbana. Nel veremos lugares de aspecto moi variado. A major parte da ruta transcorre por unha zona de ribeiras altas. Pero o rio, remansado polos caneiros, vai lento e fondo, cun volume de auga moi grande en todo tempo. Este percorrido é moi apto para as practicas deportivas; os piragüistas adéstranse por aquí. En Lugo a afección ao remo é moi antiga, e de aquí saíron grandes deportistas de nivel olímpico. Xa no século XIX e principios do XX se rexistra unha grande afección da burguesía e o artesanado lucenses ao paseos fluviais; usaban bateis con proa e leme, de tres ou catro pares de remos. Pero o mais antigo e característico son os batuxos, embarcacións de fondo plano, moi pequenas, para o servizo dos caneiros, os muíños e as pesqueiras, nas que outrora se collían enormes cantidades de anguías aproveitando o seu regreso estacional ao mar. Estas anguías curábanse, e comíanse todo o ano, e moi especialmente nas feiras de San Froilán. Debido aos encoros hidroeléctricos que impiden a súa subida, agora hai pouquísimas anguías, e o seu lugar como comida de feira foi totalmente ocupado polo polbo. Flora e fauna Dominan as densas carballeiras, que presentan texturas moi diferentes segundo os treitos. Veremos bastantes ayes acuáticas, por exemplo lavancos, que gustan das grandes masas de augas tranquilas. O río é rico en troitas. Itinerario Cruzamos a ponte romana, e collemos a dereita polo Camiño Primitivo de Santiago, atravesando o chamado Barrio da Ponte. Deseguida temos o Club Fluvial, e vemos un magnifico caneiro, o Caneiro da Praia; da outra banda a cidade, dominada polas torres da Catedral. Logo encontramos un minúsculo burgo disposto a ambos lados do camiño, con casas dos séculos XVIII e XIX, entre elas un antigo lazareto. Seguimos o camiño, aínda asfaltado. Chegamos aos piares da Ponte Nova sobre o Miño, saída por estrada cara a Santiago. Pouco despois cruzamos unha ponte pequena, sobre o río Mera, que desemboca por aquí. A esquerda temos un muíño, e outro á dereita, os dous cos seus caneiros. O rio Mera é dunha gran beleza, e hai unha ruta pola súa ribeira que sae moi cerquiña de aquí, desde o Monte Segade. Despois de pasarmos o Mera collemos á dereita, e un bo pedazo mais adiante deixamos o asfalto e entramos noutro mundo. O camiño segue bastante chan e cómodo, pero o terreo é accidentado, e o río decorre bastante abaixo, a nosa dereita; a nosa esquerda quedan atrás as casas de Orbazai, pero nos pouco as vemos. Camiñamos rodeados por grandes carballeiras. O fondo, xunto ao Miño, veremos algúns prados de ribeira; o resto é unha paisaxe na que quedan poucas marcas de habitación. Por fin chegamos a outra pista asfaltada, que segue aínda por carballeiras. Despois hai unha ponte sobre un regato, e entón o contraste é moi súbito: entramos nunha paisaxe de gran forza agraria, con excelentes prados cultivados as dúas bandas do camiño. Pero ao outro lado do Miño contemplamos o magnífico espectáculo dun monte alombado, extenso e de bastante altura, densamente cuberto por unha gloriosa carballeira. Costa abaixo, chegamos a outra ponte que atravesa o Miño; hai un vello caneiro, e a Estacion Elevadora de Augas da cidade. Despois desta ponte, estamos na chamada estrada do Ombreiro, un dos paseos preferidos dos lucenses. Segundo volvemos augas abaixo, a nosa esquerda carballeiras, a nosa destra carballeiras e un Miño esplendoroso. A estrada, que é de escaso tránsito, ten un paseo peonil moi seguro, ben definido e protexido por bolardos. Axjña atoparemos outro caneiro cun gran muíño, hoxe casa de pracer case pacega, cunha pequena capela neorrománica e grandes carballos. É a chamada Acea do Rei Chiquito. Nesta parte as ribeiras do Miño quedan bastante altas sobre as augas; esta é a razon de que no seu arborado predominen os carballos, moitos deles de gran porte. Hai tamén castiñeiros, abelairas, sabugueiros, salgueiros, e por suposto ameneiros tamén, especialmente nos puntos en que as súas raíces poden chegar á auga. Seguimos un treito pola beira da estrada, ata atoparmos un sinal que nos encamiña para unha preciosa congostra, que decorrera cada vez máis cerca do rio, por carballeiras, prados de ribeira e algún cultivo. Este é un camiño fermosísimo, que termina indo pola mesma beira do rio, sosegado e fondo, entre carballos espléndidos que cobren a empinada ladeira e pingan sobre as augas. E fácil que vexamos piraguas, e os lavancos abundan. Logo entramos nunha zona con moita máis presenza humana, máis axardinada. Antes e despois dos enormes piares da Ponte Nova están as escolas de piragüismo. Despois, sempre xunta o rio, atopamos o recinto público chamado Los Robles, onde hai un establecemento hostaleiro, que dispón dunha ampla zona de recreo con piscina e onde se sitúa o embarcadoiro dun catamarán que fai un percorrido polo río. A continuación atopamos un parque atravesado por un carreiro lastrado de canteria ao carónn do río. A cidade faise moi presente a nosa esquerda. Encontramos un enorme caneiro; o Miño faise anchísimo. Chegamos á vella Fabrica da Luz, que tiraba a enerxía deste caneiro, e entramos por un precioso parque: o Paseo do Miño. No rio esta agora o Caneiro da Praia, que vimos xa desde a outra banda. Aquí podemos dar unha volta polo parque. Ao acabar o parque esta o aparcadoiro onde iniciamos o percorrido e mais a ponte romana.