Lugo Verde
O pequeno Froilán
Unha ruta turística en Lugo que combina historia e natureza: o muro romano, a catedral, o regueiro das Hortas, a ponte romana e o bosque de San Lázaro.
A ruta do pequeno Froilán é unha viaxe que mestura a fantasía coa realidade mentres percorremos algúns dos lugares máis especiais e patrimonialmente valiosos da cidade de Lugo.
O protagonista desa imaxinación que nos acompañará durante a camiñada é nada menos que o patrón da cidade, San Froilán... pero non un San Froilán calquera: o pequeno Froilán. Ese neno que segundo as lendas naceu no Regueiro das Hortas no ano 833.
Remontándonos a esa época, século IX, teremos a sorte de que o noso itinerario no presente non nos obrigará demasiado a especular, xa que atravesaremos espazos da cidade que por sorte non variaron tanto co paso dos séculos. Unha sensación semellante á que sentimos cando percorremos o adarve da Muralla Romana, e que é sen dúbida un dos grandes tesouros de Lugo: poder sentir a historia sen necesidade de artificios.
PERCORRIDO
O noso percorrido comezará e rematará na Porta Miñá ou do Carme: de todas as 10 portas da Muralla, aquela que conserva mellor o seu aspecto orixinal. Unha boa idea é comezar o paseo gozando desa estampa marabillosa que resulta da combinación de 3 patrimonios da humanidade UNESCO: Muralla Romana, Camiño Primitivo e Catedral de Santa María... unha foto imperdible! Acto seguido tomamos dirección Rúa do Carme.
O primeiro tramo da nosa ruta está cheo de recursos e alicientes: nada máis atravesar a ronda exterior da Muralla Romana atoparémonos á esquerda coa sala de exposicións municipal Porta Miñá (onde en poucos minutos podemos facer un marabilloso percorrido histórico para imaxinar o Lugo romano), e á dereita coa igrexa do Carme (do século XVIII pero cunha longa historia detrás). Estaremos tamén iniciando a saída cara Compostela dende o centro amurallado da cidade (entrada para os que veñan de volta de Santiago).
Xa nestes primeiros pasos estaremos repetindo as pegadas que millóns de persoas farían na historia: Vía XIX na época romana, Camiño Primitivo dende o século IX, Vía Künig dende o século XV...
Ó pouco atoparémonos coa primeira bifurcación do noso percorrido: continuación da rúa do Carme ou baixada polo Regueiro das Hortas. Tomaremos a opción esquerda e baixaremos por esta última vía, que tamén é chamada “a rúa máis fermosa do mundo” por motivos que coñecendo o lugar non precisan de explicación.
O tramo ata a Ronda do Carme será o máis bonito da xornada... gocemos de todos os datos mencionados, dos fermosos muros a xunta seca (cuarto Patrimonio Mundial lucense dende o 2018), da espléndida natureza (árbores froiteiras, augas que son afluentes do Miño), das hortas dos Bispos (así foi chamado o barrio do Carme durante moitos séculos) e sobre todo comecemos a imaxinar a ese pequeno Froilán, nacido neste lugar, e que con seguridade durante a súa infancia fixo o mesmo que faremos nesta bonita andaina: baixar ó río Miño!
Unha vez chegados á Ronda do Carme teremos que percorrer uns metros á esquerda para atoparnos coa escaleira de baixada cara a Calzada da Ponte ou Calzada Romana (é a continuación natural do Regueiro das Hortas e da Vía XIX) que percorreremos ata a mesmísima Ponte Romana (século I d.C.).
Chegados a este punto podemos proseguir camiño ou aproveitar a ocasión para gozar do patrimonio da contorna da Ponte Romana, principalmente as Termas Romanas que se atopan dentro do Balneario: un dos vestixios e dos recursos turísticos máis importantes da cidade.
Atravesada xa a ponte, e continuando coa imaxinación das aventuras do pequeno Froilán, tomamos rumbo a unha zona moi descoñecida incluso para os propios lucenses: os Bosques de San Lázaro. Como chegar a eles?
En primeiro termo debemos continuar a nosa andaina pola estrada vella de Santiago ata chegar a un carteliño que veremos á dereita e que nos indicará a dirección cara Pontegaos. Tomaremos este rumbo e atoparémonos con ese núcleo tradicional tan fermoso e curioso, dende o que tamén poderemos divisar unhas fermosas vistas cara o “novo Lugo” do sur da cidade.
Chegados á rúa vella da Ponte, collerémola cara a esquerda e subiremos todo recto ata atoparnos cos mencionados bosques e cunhas incribles vistas cara o Miño. Un lugar onde a denominación de Reserva da Biosfera UNESCO toma todo o seu valor.
Nestes bosques podemos pasar un bo rato desfrutando da natureza, e podemos aproveitar ángulos fotográficos marabillosos como algúns dos que miran cara a Catedral e o centro de Lugo.
Atravesados os bosques, en canto chegamos a unha pequena estrada asfaltada, temos que tomar dirección cara a dereita en baixada cara o conxunto monumental de San Lázaro.
A carón da pasarela peonil na que emprenderemos regreso ó punto de inicio, atoparemos este milenario núcleo conformado polo vello lazareto, a igrexa, e o cemiterio de San Lázaro. Con orixes no século XII, a súa aparencia actual é do XVIII.
Xa de volta na outra beira do Miño, na contorna da Fábrica da Luz tomaremos dirección cara A Pousadela. Chegaremos a ela subindo pola Avenida dos Deportes -onde temos unhas espectaculares vistas da zona das Illas- e logo subiremos de volta cara O Carme por esta milenaria vía -chea de encantos- que atravesa tamén o actual barrio da Cheda e as súas hortas.
E por onde regresamos cara a Porta Miñá? Desta volta pola rúa do Carme, recoñecida actualmente como variante do Camiño Primitivo e que, xunto co Regueiro das Hortas, a outra gran “avenida histórica” do barrio. Voltamos á casiña do pequeno Froilán!
Acequia do Rei Chiquito
Canle medieval con beleza natural e relevancia cultural, ideal para pasear e desfrutar da natureza, un testemuño da enxeñaría hidráulica histórica.
Aula Naturaleza O Veral
Espazo educativo nun entorno natural con sendeiros interpretativos e obradoiros interactivos, ideal para explorar a flora e a fauna e promover a conciencia a...
Caneiro Acea da Olga
Un refuxio natural con vexetación exuberante e sendeiros, ideal para actividades recreativas e momentos de contemplación xunto ao río.
Fábrica da Luz
Un espazo cultural transformado dunha instalación industrial, ofrece exposicións, obradoiros e eventos, fusionando o patrimonio histórico coa arte contemporá...
Huertos Urbanos del Río Rato
Espazo comunitario á beira do río que promove a agricultura sostible, a educación ambiental e a cohesión social con obradoiros e actividades para todas as id...
Terra de canteiras
Unha ruta rural en Lugo con paisaxes naturais, pontes e viadutos históricos, igrexas e bosques frondosos. Ideal para camiñar e gozar do campo.
Ruta Muíños Mera
Un lugar máxico con fervenzas, muíños históricos e unha rica biodiversidade. Ideal para sendeirismo, ofrece vistas impresionantes e formacións rochosas.
Ruta das Chousas
Un sendeiro natural e etnográfico con abundante vexetación, fauna diversa e elementos culturais como muíños e pontes, ideal para amantes da natureza.
O Vello Lugo Agrario
Unha ruta máxica que presenta un monumento romano único, paisaxes agrícolas tradicionais, muros de pedra galegos e unha rica variedade de flora, ideal para o...
O pequeno Froilán
Unha ruta turística en Lugo que combina historia e natureza: o muro romano, a catedral, o regueiro das Hortas, a ponte romana e o bosque de San Lázaro.
Lucenses
Unha ruta histórica con muros romanos, pontes antigas, un contorno natural frondoso e un cemiterio icónico de relevancia artística e histórica. Ideal para tu...
Lamas
Un sendeiro natural con fermosas paisaxes, bosques e arte urbana. Ideal para fuxir do bullicio e gozar da natureza preto do río Miño.
Garabolos
Esta ruta urbana ofrece vistas panorámicas, arte urbana e natureza, coas ruínas dun acueduto romano como atractivo destacado. Ideal para o turismo cultural e...
As ribeiras altas- Miño arriba
Unha ruta ideal para deportes acuáticos, cunha paisaxe de carballais e pradeiras. As excursións en remo e en catamarán son un dos puntos máis destacados. As ...
Anel Verde
Unha ruta circular de 20 km en Lugo, notable polos seus bosques, arte urbana e rica fauna. Ideal para camiñar e gozar da natureza sen saír da zona urbana.
A senda do Fervedoira
Unha ruta por Lugo con paisaxes espectaculares, arte urbana, vexetación frondosa e barrios pintorescos. Ideal para amantes da natureza e da cultura.
A beira oeste
Bosques frondosos, sendeiros encantadores e patrimonio etnográfico ofrecen unha experiencia única para os camiñantes, con vistas impresionantes e unha rica h...