Lugo Verde
Ruta Muíños Mera
Un lugar máxico con fervenzas, muíños históricos e unha rica biodiversidade. Ideal para sendeirismo, ofrece vistas impresionantes e formacións rochosas.
Nesta ruta percorreremos un lugar máxico e case salvaxe que case parece un imposible tan preto dunha cidade de case 100.000 habitantes.
0 rio Mera, afluente do Miño, forma un val moi caracterizado que articula en boa parte as terras do concello. Tamén é por aqui por onde pasa o Camiño Primitivo, o primeiro camiño de Santiago, gran vía de civilización pola que circulaban as xentes e as ideas de case toda Europa.
Na última parte do seu curso, o Mera forma unha fermosa fervenza, que co seu muíño é o punto final e o verdadeiro clímax deste percorrido. A marxe dereita do río coincide con monte comunal, e esta foi a razón principal de que se manteña como está. Os veciños da parroquia de Orbazai aman e respectan este monte. Grazas a eles e aos seus devanceiros, podemos gozar hoxe desta deliciosa camiñada, e debemos testemuñarlles o noso agradecemento cun coidado exquisito e un respecto absoluto pola terra e o rio.
ChamámosIle a esta ruta o rio dos muíños, non porque os outros rios non os teñan, senón porque ata hai moi pouco os muíños do Mera foron moi importantes para a cidade de Lugo, a que contribuían a abastecer de fariña. No treito que imos percorrer atoparemos tres excelentes exemplos cos seus caneiros e pesqueiras; aínda que hoxe non moian, os seus sistemas hidraulicos están ben conservados.
Flora e fauna
As transformacións na agricultura acabaron co aproveitamento tradicional do monte, e nas últimas décadas a vexetación reconstituíuse vizosamente, formando unha fraga natural.
Carballos, ameneiros, freixos, salgueiros, bidueiros, castifieiros, abelairas, cerdeiras e pereiras bravas, sanguifios, estripos ou esterpes, sabugueiros ou bieiteiros, abruneiros, acivros... A pequena flora é innumerable, e destaca a abundancia do fermoso fento real, sobre todo no ultimo tramo do camiño, cando o rio se estreita e gana forza. No seu tempo veremos tamén unha gran variedade de cogomelos, entre eles unha chea de preciosas amanitas... das mais velenosas.
En canto a fauna, a riqueza de aves é moi grande; cun pouco de sorte, podemos observar incluso o merlo rieiro ou pasarríos, en xeral nada fácil de ver. A presenza de peixes redúcese ás troitas, e tamén a algunhas anguias que conseguiron superar as altas presas hidroeléctricas; pero non é facil que as observemos, pois tenden a ocultarse na lama do fondo. Antes dos encoros eran abundantísimas, e para pescalas facíanse as pesqueiras, das que aínda veremos un exemplo. Entre os anfibios, pódense ver a píntega ou pinchorra e mais a ra dos regos, que saltará a auga cando pasamos a beira do rio.
Itinerario
Seguimos o indicador de dirección, e chegamos a unha fonte. Viramos algo sobre a dereita, e despois outra vez, e collemos por xunta o rio augas abaixo para ver un muíño co seu caneiro.
Volvemos sobre os nosos pasos, agora sempre augas arriba. 0 caneiro que acabamos de ver ten unha grande influencia no aspecto do rio, que durante un bo treito se nos amosa fondo e cun curso lentísimo. Pouco a pouco, vai recuperando o seu aspecto natural, e vese que é realmente un rio de non moito caudal, mais rápido, sobre un leito de area e pedras graníticas.
Atoparemos os restos dunha pesqueira. En tempos, as anguías eran abundantísimas, e nas épocas de migración collíanse por quintais no Miño e nos seus afluentes.
Pouco despois atopamos unha estrada estreita e unha ponte. Este lugar é un porto. Nos rios, este nome designa un vao ou paso natural por un sitio pouco fondo, prolongado artificialmente nas dúas ribeiras por un camiño que as corta, arrincando ao nivel do leito, para subir cunha pendente doada. Por el podían pasar as persoas, o gando e os carros cando o caudal o permitía, que era precisamente nas épocas de primavera tardía, verán e outono, é dicir, nos tempos de traballo da terra.
Seguimos pola mesma ribeira, e de contado atopamos outro muíño. Este non precisa presa no Mera, pois a auga era levada ata el por un rairo, unha canle artificial que a collía do rio mais arriba, aproveitando o desnivel.
A partir de aqui, atoparemos unha grande abundancia de fento real.
Un pouco despois do muíño apartámonos algo do rio, pero sempre paralelamente ao seu curso. Chegamos a unha fervenza, formada por grandes penedos, e vemos na outra ribeira o chamado muíño de Abelleira, hoxe usado por un particular como vivenda secundaria. E un lugar de beleza estremecedora.
Aquí podemos ou non facer un breve percorrido augas arriba, bastante difícil e perigoso, de forma ovalada, que nos devolvería ao mesmo punto.
Damos a volta augas abaixo, agora pola beira do rio; atoparemos unhas asombrosas esculturas feitas en grandes penedos. 0 camiñante pode fantasear e intentar adiviñar o que son; nós non o sabemos certo. Diremos só que duas delas corresponden con tipoloxias romanicas: a cabeza dun Agnus Dei coma os que adornan os cumiais de moitas igrexas medievais, e un ser monstruoso que se mostra papo arriba.
Agora o rio ten no medio unha insua de mais de cen metros de longo, formada por grandes penedos, con moita vexetacion. Chegamos ao mesmo camiño que trouxemos, e seguímolo ata a ponte. Entón, collemos á dereita e, sempre na mesma direccion dominante, seguimos un carreiro a bastante altura que nos permite unha vista diferente da ribeira, e tamén das terras da outra banda do Mera. Un pouco mais, e volvemos naturalmente o rio durante outro tramo. Un novo indicador apartanos durante pouco mais de cen metros do camiño de ida, que volvemos a encontrar de novo, moi cerca xa da fonte do Segade e da area recreativa.
Acequia do Rei Chiquito
Canle medieval con beleza natural e relevancia cultural, ideal para pasear e desfrutar da natureza, un testemuño da enxeñaría hidráulica histórica.
Aula Naturaleza O Veral
Espazo educativo nun entorno natural con sendeiros interpretativos e obradoiros interactivos, ideal para explorar a flora e a fauna e promover a conciencia a...
Caneiro Acea da Olga
Un refuxio natural con vexetación exuberante e sendeiros, ideal para actividades recreativas e momentos de contemplación xunto ao río.
Fábrica da Luz
Un espazo cultural transformado dunha instalación industrial, ofrece exposicións, obradoiros e eventos, fusionando o patrimonio histórico coa arte contemporá...
Huertos Urbanos del Río Rato
Espazo comunitario á beira do río que promove a agricultura sostible, a educación ambiental e a cohesión social con obradoiros e actividades para todas as id...
Terra de canteiras
Unha ruta rural en Lugo con paisaxes naturais, pontes e viadutos históricos, igrexas e bosques frondosos. Ideal para camiñar e gozar do campo.
Ruta Muíños Mera
Un lugar máxico con fervenzas, muíños históricos e unha rica biodiversidade. Ideal para sendeirismo, ofrece vistas impresionantes e formacións rochosas.
Ruta das Chousas
Un sendeiro natural e etnográfico con abundante vexetación, fauna diversa e elementos culturais como muíños e pontes, ideal para amantes da natureza.
O Vello Lugo Agrario
Unha ruta máxica que presenta un monumento romano único, paisaxes agrícolas tradicionais, muros de pedra galegos e unha rica variedade de flora, ideal para o...
O pequeno Froilán
Unha ruta turística en Lugo que combina historia e natureza: o muro romano, a catedral, o regueiro das Hortas, a ponte romana e o bosque de San Lázaro.
Lucenses
Unha ruta histórica con muros romanos, pontes antigas, un contorno natural frondoso e un cemiterio icónico de relevancia artística e histórica. Ideal para tu...
Lamas
Un sendeiro natural con fermosas paisaxes, bosques e arte urbana. Ideal para fuxir do bullicio e gozar da natureza preto do río Miño.
Garabolos
Esta ruta urbana ofrece vistas panorámicas, arte urbana e natureza, coas ruínas dun acueduto romano como atractivo destacado. Ideal para o turismo cultural e...
As ribeiras altas- Miño arriba
Unha ruta ideal para deportes acuáticos, cunha paisaxe de carballais e pradeiras. As excursións en remo e en catamarán son un dos puntos máis destacados. As ...
Anel Verde
Unha ruta circular de 20 km en Lugo, notable polos seus bosques, arte urbana e rica fauna. Ideal para camiñar e gozar da natureza sen saír da zona urbana.
A senda do Fervedoira
Unha ruta por Lugo con paisaxes espectaculares, arte urbana, vexetación frondosa e barrios pintorescos. Ideal para amantes da natureza e da cultura.
A beira oeste
Bosques frondosos, sendeiros encantadores e patrimonio etnográfico ofrecen unha experiencia única para os camiñantes, con vistas impresionantes e unha rica h...