Mapa de Lugo

Anel Verde

Anel Verde

Unha ruta circular de 20 km en Lugo, notable polos seus bosques, arte urbana e rica fauna. Ideal para camiñar e gozar da natureza sen saír da zona urbana.
O Cinto Verde é a ruta máis longa de todas, e tamén unha das máis recomendadas. Un xeito de descubrir a grandeza natural da cidade de Lugo, prácticamente sen saír do ámbito urbano do concello. A través dos paseos do Miño e do Rato, e completando o circuíto a través de bosques e parques, faremos un roteiro circular de aproximadamente 20 quilómetros (dependendo das alternativas que escollamos nalgúns tramos. PERCORRIDO O percorrido do Cinto Verde comeza e finaliza no que ben podería ser o quilómetro cero do sendeirismo galego: a Ponte Romana (século I d. C.). No bimilenario barrio da Ponte (onde tamén están as Termas Romanas) comezamos a nosa camiñada polo precioso paseo do Miño, augas arriba. Pasamos a Fábrica da Luz, o caneiro das Illas, a área recreativa da Cheda, As Saamasas, a zona de esparcemento de “Los Robles” e posteriormente entramos a pasear por un dos tramos máis fermosos das rutas naturais de Lugo: as carballeiras, bosques de ribeira e arborados do Miño. Aínda que pareza incrible, tamén neste tramo podemos gozar de exemplos de arte urbana lucense coma “As catro estacións de Vivaldi” de Leandro Barea, o Galo e o Oso de Diego AS, e outros detalles que apreciaremos no camiño. Chegado un punto da estrada de Ombreiro, separarémonos por primeira vez do cauce fluvial do Miño, na búsqueda de completar o cinto verde. Subiremos cara a Zona Norte da cidade a través de formidables bosques que nos ofrecen conexión tanto co barrio da Abella coma co barrio da Piringalla. Calquera das dúas alternativas é válida, e a partir de aí tomaremos rumbo cara o Parque da Milagrosa. Nese lapso poderemos gozar dalgunhas das mellores obras de arte urbana lucense, xa que todo este norte lucense da cidade é a zona onde hai máis concentración de graffitis e murais. No Parque da Milagrosa teremos a oportunidade de coñecer o Paseo do Cine de Lugo, o Museo Interactivo da Historia da Lugo e toda a cidade deportiva de Frigsa. É neste punto onde volveremos a conectar coas sendas fluviais, concretamente no Parque de Paradai, onde o río Rato xa leva un certo caudal tralo seu nacemento nas Pozas das Gándaras. O Parque do Sagrado Corazón, o parque da Chanca e o paseo do Rato serán os nosos seguintes tramos na busca de volver atoparnos co Miño. Todo isto é chamado “parque cardiosaludable” por razóns doadas de atopar: estamos nunha das zonas principais de paseo e adestramento deportivo dos lucenses. No Parque da Tolda regresamos ao paseo do Miño, onde comezamos o noso paseo, pero case 2 quilómetros río abaixo. Neste último tramo do Cinto Verde poderemos gozar dunha das zonas de maior riqueza ornitolóxica e animal da cidade, xa que é moi doado ver por aquí a moitas especies como garzas reais, corvos mariños, lontras, lavandeiras ou troitas.