Mapa de Lugo

Ruta das Chousas

Ruta das Chousas

Un sendeiro natural e etnográfico con abundante vexetación, fauna diversa e elementos culturais como muíños e pontes, ideal para amantes da natureza.
A Ruta das Chousas é un dos itinerarios ambientais e etnográficos máis visitados e recoñecidos do noso concello. O seu nome venlle dado polas porcións de monte pechadas por unha cerca, chamadas chousas. A ruta discorre pola contorna do río Mera na parroquia rural do Veral, onde está a Aula da Natureza que nutre de información e recomendacións a todos os visitantes. PERCORRIDO Este percorrido comeza na Aula de Natureza do Veral e transita por vellos camiños cheos de exuberante natureza e tamén de moitos elementos da nosa cultura popular: valados, pontes, muíños... As especies arbóreas máis frecuentes durante o noso camiño serán os bidueiros, abeleiros, sauces, carballos, castiñeiros, acivros, sobreiras... tamén algúns arbustos como os arandos ou buxos. En canto á fauna, non é difícil atoparse lontras, libélulas, píntegas, troitas, rás, pegas, ferreiriños, merlos ou lavandeiras.