Mapa de Lugo

Lamas

Lamas

Un sendeiro natural con fermosas paisaxes, bosques e arte urbana. Ideal para fuxir do bullicio e gozar da natureza preto do río Miño.
A ruta de Lamas de Prado é un itinerario de natureza ideal para os veciños de moitos barrios clásicos da cidade como o Camiño Real e aledaños, Casas Baratas, A Milagrosa, as Sindicais, O Castiñeiro ou Abella. Nun curto tempo é posible saír da intensa urbanidade de todas estas zonas para adentrarse nunha profunda e belísima natureza. PERCORRIDO Saímos da Porta Nova, unha das cinco máis antigas da Muralla Romana, e camiñamos polo vello Camiño Real ata a propia rúa Lamas de Prado. Só percorrendo esta famosa rúa lucense imos chegar, ao seu remate, a unha das rúas lucenses máis rurais e fermosas: a rúa Filgueiro. Se seguimos baixando cara o río Miño, adentrarémonos nun fermoso itinerario a través de bosques, carballeiras, e arboredas de ribeira nos que poderemos gozar tamén da arte urbana lucense. O regreso cara Lamas de Prado farémolo por un fermoso sendeiro que conecta a Estrada de Ombreiro coa Nacional VI.