Mapa de Lugo

Porta de Santiago

Porta de Santiago

Porta histórica de orixe romana, reformada en 1759, destaca polo seu escudo de armas e a imaxe de Santiago, formando parte do Camiño Primitivo.
De orixe romana. Foi coñecida no medievo como Porta do Posticu, Poxigo ou Postigo. Foi reconstruída en 1759 polo bispo Izquierdo, que situou no interior o seu escudo de armas e unha fornela coa imaxe ecuestre de Santiago. Dende esta reforma foi porta de saída cara a Santiago do Camiño Primitivo.