Mapa de Lugo

Igrexa de San Froilán

Igrexa de San Froilán

Templo barroco con bóveda de canón e cúpula central, destaca pola súa fachada con escudo de armas e estatua de San Rafael, flanqueada por elegantes torres.
Igrexa do antigo Hospital de San Bartolomeu. Presenta dúas fases construtivas: unha de principios do s. XVII que corresponde ao corpo do edificio, e outra que afecta á fachada barroca (mediados do século XVIII) custeada polo bispo Izquierdo, e posiblemente trazada polo arquitecto compostelán Frei Manuel dos Mártires