O pequeno Froilán
Unha ruta turística en Lugo que combina historia e natureza: o muro romano, a catedral, o regueiro das Hortas, a ponte romana e o bosque de San Lázaro.
A ruta do pequeno Froilán é unha viaxe que mestura a fantasía coa realidade mentres percorremos algúns dos lugares máis especiais e patrimonialmente valiosos da cidade de Lugo.
O protagonista desa imaxinación que nos acompañará durante a camiñada é nada menos que o patrón da cidade, San Froilán... pero non un San Froilán calquera: o pequeno Froilán. Ese neno que segundo as lendas naceu no Regueiro das Hortas no ano 833.
Remontándonos a esa época, século IX, teremos a sorte de que o noso itinerario no presente non nos obrigará demasiado a especular, xa que atravesaremos espazos da cidade que por sorte non variaron tanto co paso dos séculos. Unha sensación semellante á que sentimos cando percorremos o adarve da Muralla Romana, e que é sen dúbida un dos grandes tesouros de Lugo: poder sentir a historia sen necesidade de artificios.
PERCORRIDO
O noso percorrido comezará e rematará na Porta Miñá ou do Carme: de todas as 10 portas da Muralla, aquela que conserva mellor o seu aspecto orixinal. Unha boa idea é comezar o paseo gozando desa estampa marabillosa que resulta da combinación de 3 patrimonios da humanidade UNESCO: Muralla Romana, Camiño Primitivo e Catedral de Santa María... unha foto imperdible! Acto seguido tomamos dirección Rúa do Carme.
O primeiro tramo da nosa ruta está cheo de recursos e alicientes: nada máis atravesar a ronda exterior da Muralla Romana atoparémonos á esquerda coa sala de exposicións municipal Porta Miñá (onde en poucos minutos podemos facer un marabilloso percorrido histórico para imaxinar o Lugo romano), e á dereita coa igrexa do Carme (do século XVIII pero cunha longa historia detrás). Estaremos tamén iniciando a saída cara Compostela dende o centro amurallado da cidade (entrada para os que veñan de volta de Santiago).
Xa nestes primeiros pasos estaremos repetindo as pegadas que millóns de persoas farían na historia: Vía XIX na época romana, Camiño Primitivo dende o século IX, Vía Künig dende o século XV...
Ó pouco atoparémonos coa primeira bifurcación do noso percorrido: continuación da rúa do Carme ou baixada polo Regueiro das Hortas. Tomaremos a opción esquerda e baixaremos por esta última vía, que tamén é chamada “a rúa máis fermosa do mundo” por motivos que coñecendo o lugar non precisan de explicación.
O tramo ata a Ronda do Carme será o máis bonito da xornada... gocemos de todos os datos mencionados, dos fermosos muros a xunta seca (cuarto Patrimonio Mundial lucense dende o 2018), da espléndida natureza (árbores froiteiras, augas que son afluentes do Miño), das hortas dos Bispos (así foi chamado o barrio do Carme durante moitos séculos) e sobre todo comecemos a imaxinar a ese pequeno Froilán, nacido neste lugar, e que con seguridade durante a súa infancia fixo o mesmo que faremos nesta bonita andaina: baixar ó río Miño!
Unha vez chegados á Ronda do Carme teremos que percorrer uns metros á esquerda para atoparnos coa escaleira de baixada cara a Calzada da Ponte ou Calzada Romana (é a continuación natural do Regueiro das Hortas e da Vía XIX) que percorreremos ata a mesmísima Ponte Romana (século I d.C.).
Chegados a este punto podemos proseguir camiño ou aproveitar a ocasión para gozar do patrimonio da contorna da Ponte Romana, principalmente as Termas Romanas que se atopan dentro do Balneario: un dos vestixios e dos recursos turísticos máis importantes da cidade.
Atravesada xa a ponte, e continuando coa imaxinación das aventuras do pequeno Froilán, tomamos rumbo a unha zona moi descoñecida incluso para os propios lucenses: os Bosques de San Lázaro. Como chegar a eles?
En primeiro termo debemos continuar a nosa andaina pola estrada vella de Santiago ata chegar a un carteliño que veremos á dereita e que nos indicará a dirección cara Pontegaos. Tomaremos este rumbo e atoparémonos con ese núcleo tradicional tan fermoso e curioso, dende o que tamén poderemos divisar unhas fermosas vistas cara o “novo Lugo” do sur da cidade.
Chegados á rúa vella da Ponte, collerémola cara a esquerda e subiremos todo recto ata atoparnos cos mencionados bosques e cunhas incribles vistas cara o Miño. Un lugar onde a denominación de Reserva da Biosfera UNESCO toma todo o seu valor.
Nestes bosques podemos pasar un bo rato desfrutando da natureza, e podemos aproveitar ángulos fotográficos marabillosos como algúns dos que miran cara a Catedral e o centro de Lugo.
Atravesados os bosques, en canto chegamos a unha pequena estrada asfaltada, temos que tomar dirección cara a dereita en baixada cara o conxunto monumental de San Lázaro.
A carón da pasarela peonil na que emprenderemos regreso ó punto de inicio, atoparemos este milenario núcleo conformado polo vello lazareto, a igrexa, e o cemiterio de San Lázaro. Con orixes no século XII, a súa aparencia actual é do XVIII.
Xa de volta na outra beira do Miño, na contorna da Fábrica da Luz tomaremos dirección cara A Pousadela. Chegaremos a ela subindo pola Avenida dos Deportes -onde temos unhas espectaculares vistas da zona das Illas- e logo subiremos de volta cara O Carme por esta milenaria vía -chea de encantos- que atravesa tamén o actual barrio da Cheda e as súas hortas.
E por onde regresamos cara a Porta Miñá? Desta volta pola rúa do Carme, recoñecida actualmente como variante do Camiño Primitivo e que, xunto co Regueiro das Hortas, a outra gran “avenida histórica” do barrio. Voltamos á casiña do pequeno Froilán!
Acequia do Rei Chiquito
Canle medieval con beleza natural e relevancia cultural, ideal para pasear e desfrutar da natureza, un testemuño da enxeñaría hidráulica histórica.
Altar de Adai
Un monumento megalítico prehistórico rodeado de natureza, ideal para os amantes da historia e a arqueoloxía, que ofrece unha experiencia única e pintoresca.
Aula Naturaleza O Veral
Espazo educativo nun entorno natural con sendeiros interpretativos e obradoiros interactivos, ideal para explorar a flora e a fauna e promover a conciencia a...
BIC Santalla de Bóveda
Complexo monumental único con pinturas antigas e unha piscina central, ideal para admirar a arquitectura romana tardía e os relevos de granito.
Caneiro Acea da Olga
Un refuxio natural con vexetación exuberante e sendeiros, ideal para actividades recreativas e momentos de contemplación xunto ao río.
Casa natal de Luis Pimentel
Un espazo cultural que celebra a poesía gallega, con eventos e exposicións, que ofrece unha inmersión no ambiente histórico e literario da poeta.
Castillo de San Román y Torre de San Antón
Fortificación medieval con vistas panorámicas e rica historia, testemuño do pasado militar e arquitectónico, ideal para os amantes da cultura.
Catedral de Lugo
Un templo histórico que combina estilos arquitectónicos e ofrece unha mostra única do Santísimo Sacramento, o que o converte nun destino clave para peregrino...
Cementerio de San Froilán
Destaca pola súa arquitectura funeraria, esculturas e mausoleos de personaxes ilustres, rodeado de vexetación que proporciona tranquilidade e contemplación.
Centro Arqueolóxico San Roque
As termas romanas ben conservadas e a sofisticada enxeñaría antiga son a principal atracción, con exposicións que enriquecen a experiencia histórica.
Centro Cultural Antigua Cárcel
Un espazo cultural único que fusiona a arquitectura histórica dunha antiga prisión con instalacións modernas para exposicións e eventos creativos.
Centro de Interpretación Terras do Miño
Un espazo educativo con exposicións interactivas sobre biodiversidade e ecosistemas, ideal para explorar as paisaxes e os sendeiros da reserva.
Dolmen de Adai
Este monumento megalítico prehistórico, coas súas grandes laxes de pedra, ofrece interese arqueolóxico e paisaxístico, o que permite aos visitantes conectar ...
Fábrica da Luz
Un espazo cultural transformado dunha instalación industrial, ofrece exposicións, obradoiros e eventos, fusionando o patrimonio histórico coa arte contemporá...
Huertos Urbanos del Río Rato
Espazo comunitario á beira do río que promove a agricultura sostible, a educación ambiental e a cohesión social con obradoiros e actividades para todas as id...
Hórreo de Santalla de Bóveda
Un enigmático monumento romano cunha arquitectura única, frescos con motivos animais e xeométricos e unha aura de misterio que atrae a turistas e estudosos.
Igrexa de San André de Castro
Templo románico dunha soa nave e ábsida semicircular, rodeado de natureza, ideal para gozar da arte histórica e da serenidade da contorna.
Igrexa de San Vicente de Coeo
Templo románico nun pintoresco entorno rural, con muros de pedra e capiteis esculpidos, ofrece paz e conexión coa historia e a tradición locais.
Igrexa de Santalla de Cuíña
Templo románico con estrutura de pedra e detalles sinxelos, rodeado de verdes outeiros, ideal para conectar co pasado e gozar da serenidade rural.
Igrexa de Santiago Apóstolo de Castelo
Destaca polo seu estilo románico, capiteis esculpidos e frescos antigos, sendo un testemuño do legado histórico e cultural da rexión.
Igrexa de Santiago de Piúgos
Igrexa románica rural con ábsida semicircular e portal decorado, que ofrece detalles medievais que reflicten o patrimonio histórico e cultural da rexión.
Igrexa de Santiago, A Nova
Situado nunha rúa tradicional, destaca pola súa fachada neoclásica do século XX, froito do desenvolvemento urbanístico. Ideal para afeccionados á historia.
Monumento al poeta Pimentel
Unha escultura evocadora nun contorno urbano que invita á reflexión e ao desfrute poético, ideal para contemplar e apreciar o legado cultural literario.
Museo Interactivo de Historia de Lugo
Un espazo cultural con exposicións interactivas e tecnoloxía avanzada que permite explorar períodos históricos, destacando a influencia romana.
Muíños de Mera
Antigos muíños de auga, frondosos bosques e sendeiros fan deste lugar un destino ideal para os amantes da natureza e da historia rural.
Pazo de Orbán
Palacio barroco cun escudo de armas que amosa as armas das familias nobres, rematado en 1769, ideal para admirar a arquitectura histórica e a heráldica.
Porta Falsa
O acceso secundario ás murallas romanas ofrece unha perspectiva única do legado histórico e arquitectónico, ideal para explorar fóra dos camiños trillados.
Porta Miñá
Unha exposición sobre o Lugo romano, situada nun antigo matadoiro, ofrece un percorrido histórico con fotos, mapas e obxectos arqueolóxicos sobre a ruta xaco...
Porta Nova
Unha porta da época romana, reconstruída en 1900, destaca pola súa arquitectura histórica e a súa conexión coa antiga Vía XX. Ideal para os afeccionados á hi...
Porta da Estación
Deseñada por Luciano Travadelo, esta porta histórica mellora a conexión entre o centro da cidade e a estación, converténdoa nun atractivo arquitectónico para...
Porta de San Pedro
Antiga porta romana con historia medieval, reconstruída en 1781, que ofrece acceso histórico e cultural aos turistas.
Porta de Santiago
Porta histórica de orixe romana, reformada en 1759, destaca polo seu escudo de armas e a imaxe de Santiago, formando parte do Camiño Primitivo.
Porta do Bispo Aguirre
A entrada histórica, deseñada por Nemesio Cobreros, conecta co seminario e un antigo cemiterio, ofrecendo un percorrido arquitectónico e cultural único.
Porta do Bispo Odoario
A histórica porta, deseñada por Ramiro Sainz, ofrece unha conexión única co Hospital de Santa María e forma parte dun Monumento Nacional.
Praza da Constitución
Un espazo emblemático con arquitectura histórica, ambiente acolledor, terrazas de café e proximidade a monumentos, ideal para eventos culturais e sociais.
Praza de Abastos e mercado
Un mercado histórico que mestura tradición e modernidade, ofrecendo produtos frescos e eventos culturais, converténdose nun atractivo turístico gastronómico ...
Praza de Santa María
Zona histórica con catedral románica e gótica, rodeada de edificios antigos, ideal para explorar rúas empedradas e gozar do ambiente medieval.
Viaducto da Chanca
A estrutura ferroviaria con elegantes arcos ofrece vistas panorámicas e mestúrase coa paisaxe natural, atraendo turistas coa súa maxestosidade.
Muralla Romana de Lugo
Unha impresionante fortaleza romana cun circuíto completo de máis de 2 km, coroada por torres semicirculares. Patrimonio da Humanidade, ofrece unhas vistas ú...
Casa dos Mosaicos
Residencia romana con mosaicos xeométricos e figurativos, sistema de calefacción radial e patios porticados, ideal para admirar a antiga riqueza ornamental.
Domus do Mitreo
Sitio arqueolóxico único con restos dunha casa romana e un templo dedicado a Mitra, onde destacan os murais e a arquitectura da antiga Lucus Augusti.
Piscina romana
Restos arqueolóxicos romanos cunha estrutura ben conservada, que mostran técnicas de enxeñaría e vida social, reflictindo historia e arquitectura avanzadas.
Puente Romano
Ponte histórica con cimentos romanos, parte do Camiño Primitivo a Santiago, ofrece unha pintoresca ruta desde a muralla ata o río Miño.
Centro de Interpretación de la Muralla
Ofrece unha viaxe no tempo con tecnoloxías audiovisuais avanzadas nunha casa barroca, situada no corazón da historia romana.
Igrexa de San Froilán
Templo barroco con bóveda de canón e cúpula central, destaca pola súa fachada con escudo de armas e estatua de San Rafael, flanqueada por elegantes torres.
Museo Provincial de Lugo
Museo arqueolóxico con arte prerromana, un claustro románico e os restos dun convento franciscano. Ideal para os amantes da historia e a arte.
Termas Romanas
Restos romanos de acceso gratuíto, destacando polo seu apodicterio, bóvedas e urnas en muros, que ofrecen unha experiencia histórica única á beira do río.
Praza Maior
Situada no centro simbólico e vital, destaca pola súa arquitectura barroca, arcadas, torres e monumentos, sendo un punto clave para os turistas.
Palacio Episcopal
Un edificio barroco con elementos dun palacio gótico, destacable polo seu balcón e os seus escudos de armas. Situado fronte a unha catedral nunha praza pinto...
PRAZA DO CAMPO E BARRIO DO MIÑO
Praza triangular con arquitectura barroca, unha fonte central e rúas medievais. Ideal para explorar a historia e a cultura locais.
Igrexa de San Pedro
Unha xoia da arquitectura gótica mendicante con planta de cruz latina, vidreiras policromadas e ábsidas poligonais. Monumento Histórico-Artístico desde 1931.
Igrexa de Santo Domingo
Igrexa gótica con planta de cruz latina, ábsidas poligonais e bóvedas de crucería. Destaca a súa cúpula e o portal sur con decoración barroca.
Pazo da Deputación
Edificio histórico de dous andares con fachada simétrica, de estilo clásico e xardín traseiro con magnolias, xunto á muralla romana.
Igrexa de Santa María Madanela de Adai
Unha igrexa románica rural con arquitectura sinxela e contornos pintorescos, ideal para gozar de paz e tranquilidade e conectar coa historia local.
Igrexa de Santa María de Alta
É notable pola súa arquitectura románica con elementos góticos, pola súa impresionante fachada cunha rosácea, polas súas portas esculpidas e polas valiosas o...
Igrexa de San Xoán de Alto
Unha igrexa románica situada nun terreo elevado, que ofrece vistas panorámicas e detalles ornamentais históricos, atraendo aos amantes do patrimonio cultural.
Iglesia de San Mamede de Anxos
Unha igrexa románica situada nun contorno tranquilo, con muros de pedra e un modesto campanario. O interior ornamentado reflicte a historia e a cultura locais.
Igrexa de San Miguel de Bacurín
Unha igrexa románica do século XII cunha elegante rosácea e arquivoltas, situada nun contorno rural pintoresco, que reflicte a historia e a devoción locais.
Igrexa de Santa María de Bascuas
Unha igrexa románica situada nunha paisaxe pintoresca, cunha fachada austera e un campanario, ofrece paz e contemplación no medio da natureza.
Igrexa de San Remixio en Bazar
Igrexa románica cunha fachada de pedra e un campanario, con frescos e tallas en madeira, ideal para a contemplación nun contorno rural tranquilo.
Igrexa de San Xiao en Bocamaos
Unha igrexa románica dos séculos XII e XIII, con muros de pedra, capiteis decorados e un ábside semicircular, ideal para amantes do patrimonio medieval.
Igrexa de Santa Eulalia en Bóveda
Un monumento romano que alberga frescos únicos do cristianismo primitivo e arquitectura subterránea, testemuño da transición cultural e relixiosa da Antigüid...
Igrexa de Santa María de Bóveda
Un templo subterráneo con bóveda de canón e antigos frescos, mesturando arte pagá e cristiá, reflectindo a transición histórica e cultural da rexión.
Igrexa de San Vicente de Burgo
Un exemplo de arquitectura románica cunha soa nave, un ábside semicircular e detalles escultóricos medievais, ideal para amantes do patrimonio cultural.
Igrexa de San Pedro de Calde
Un magnífico exemplo de arquitectura románica, con muros de pedra, un elegante campanario, capiteles decorados e antigos frescos, situado nun contorno natura...
Igrexa de Santo Estevo en Camoira
Unha igrexa románica situada nun contorno pintoresco, con arcos e capiteis decorados, que reflicte a transición ao estilo gótico. Atrae aos amantes da histor...
Igrexa de San Xoán de Campo
Un magnífico exemplo de arquitectura románica cunha impoñente torre do campanario, capiteles decorados e antigos frescos; un tesouro arquitectónico e históri...
Iglesia de San Martiño de Carballido
Unha igrexa románica con muros de pedra, frescos e tallas de madeira, situada nun contorno rural tranquilo, ideal para a reflexión e para apreciar a historia.
Igrexa de Santa María Madanela en Coeses
Unha encantadora igrexa románica cunha fachada decorativa, arcos semicirculares e capiteis esculpidos, que reflicte o desenvolvemento histórico e cultural da...
Igrexa de Santa Eulalia (Santabaia) en esperanto
Unha igrexa románica cun ábside semicircular e un portal decorado; frescos e tallas artísticas realzan o seu valor histórico e cultural.
Igrexa de Santa Marta de Fixos
Unha igrexa románica cun ábside semicircular e portas ornamentadas, situada nun contorno natural, ideal para amantes da historia e da paz espiritual.
Igrexa de Santa María de Gondar
Unha encantadora igrexa románica con arquivoltas decoradas e un rosetón, situada nun contorno rural pintoresco, ideal para os amantes da arte medieval.
Igrexa de San Pedro de Labio
Unha igrexa románica dos séculos XII e XIII con muros de pedra, un campanario, capiteis esculpidos e frescos bíblicos – o lugar perfecto para admirar arte e ...
Igrexa de Santa Eulalia en Lamas
Un exemplo de arquitectura románica, con muros de pedra e capiteis esculpidos, erguese como un monumento histórico e cultural que atrae visitantes.
Igrexa de Santa Eulalia en Mazoi
Unha igrexa románica situada nun contorno pintoresco, que presenta unha variedade de elementos arquitectónicos e detalles artísticos que reflicten a historia...
Igrexa de Santiago de Meilán
Unha igrexa románica do século XII con arquitectura austera, unha soa nave e un ábside semicircular. Presenta elementos que marcan a transición ao estilo gót...
Igrexa de San Pedro de Mera
Un exemplo románico do século XII cunha fachada austera e capiteis decorados, ideal para os amantes da arte medieval e da historia relixiosa.
Igrexa de Santa María Madanela en Monte de Meda
Unha igrexa románica situada nunha paisaxe pintoresca, con muros de pedra e un impoñente campanario. Destaca pola súa arte relixiosa e pola súa relevancia hi...
Igrexa de Santa María de Muxa
Unha igrexa románica-gótica con fachada de pedra, capiteis decorados e bóvedas de aresta, ideal para amantes da historia e da arquitectura.
Iglesia de San Martiño de Ombreiro
Unha encantadora igrexa románica con estrutura de pedra, capiteles esculpidos e antigos frescos, situada nun contorno rural pintoresco.
Igrexa de San Miguel de Orbazai
Unha igrexa románica cunha soa nave e un ábside semicircular, que ofrece paz e conexión espiritual nun impresionante contorno natural. Ideal para amantes da ...
Igrexa de San Salvador de Outeiro
Unha igrexa románica cunha rosácea e arquivoltas decoradas, con capiteis esculpidos, situada nun contorno rural pintoresco, que dá testemuño da historia medi...
Igrexa de San Vicente de Pedreda
Unha igrexa románica situada nun contorno pintoresco, con muros de pedra e un histórico campanario. Ofrece unha atmosfera serena, ideal para a contemplación.
Igrexa de San Xoán de Pena
Unha igrexa románica medieval cun ábside semicircular e un portal esculpido, que encarna sinxeleza e espiritualidade, e que serve de testemuño do noso patrim...
Igrexa de San Vicente de Pías
Unha igrexa románica nun contorno rural, cun ábside semicircular e un portal con arquivoltas, reflicte a historia e a devoción, conectando os visitantes co p...
Iglesia de San Martiño de Piñeiro
Unha igrexa románica con capiteles esculpidos e un ábside semicircular, situada nun contorno natural tranquilo, ideal para apreciar o patrimonio histórico.
Igrexa de San Martiño de Poutomillos
Unha igrexa medieval con arquitectura románica e un campanario, o lugar perfecto para admirar e gozar da paisaxe nun contorno rural pintoresco.
Igrexa de Santiago de Prógalo
Unha igrexa románica con elementos góticos, é notable pola súa rosácea, os seus arcos decorados e os frescos do interior, que reflicten a arte e a devoción h...
Iglesia de San Lourenzo de Recimil
Unha igrexa románica cunha estrutura elegante e detalles ornamentados, situada no medio da natureza, ideal para amantes da historia e da arquitectura.
Igrexa de San Mamede en Ribas de Miño
É notable pola súa arquitectura románica, pola súa fachada con arcos decorados e polo seu contorno natural pintoresco, o que a fai ideal para os amantes do p...
Igrexa de San Pedro de Romeán
Unha igrexa medieval de estilo románico con muros de pedra, capiteis esculpidos e antigos frescos, ideal para amantes da arte e da historia.
Igrexa de San Xiao en Rubiás
Unha igrexa románica con liñas sinxelas e detalles artísticos, situada nunha paisaxe campestre pintoresca, ideal para amantes da arte e da historia.
Igrexa de Santiago de Saa
É notable polo seu estilo románico e pola súa impoñente torre do reloxo. O contorno natural ofrece unha sensación de tranquilidade, o que o fai ideal para os...
Igrexa de Santa Cristina de San Román
Unha igrexa románica sinxela pero elegante, con detalles arquitectónicos e artísticos atemporais, ideal para explorar o patrimonio cultural e arquitectónico ...
Igrexa de San Pedro en Santa Comba
Unha igrexa prerrománica con arcos en ferradura e capiteis decorados, que mestura estilos visigótico e mozárabe, ideal para amantes da historia e da arquitec...
Igrexa de San Pedro de Soñar
Unha igrexa románica do século XII con antigos frescos e tallas de madeira, ideal para a contemplación e a reflexión nun contorno medieval.
Iglesia de Santa María de Teixeiro
Unha igrexa románica situada nun contorno rural destaca pola súa sinxeleza e robustez. A súa austera fachada convida á reflexión sobre a historia e a espirit...
Igrexa de San Xoán de Tirimol
Unha igrexa rural galega de estilo románico, cunha fachada austera e un campanario, ofrece unha experiencia histórica e cultural única.
Igrexa de Santa María de Torible
Unha igrexa románica con capiteles esculpidos e un ábside semicircular, situada nun contorno rural pintoresco, ideal para os amantes da historia e da tranqui...
Igrexa de San Vicente de Veral
Unha igrexa románica cunha fachada de pedra e un elegante campanario. Antigos frescos e detalles arquitectónicos dan testemuño de séculos de devoción e tradi...
Igrexa de San Xiao en Vilachá de Mera
Unha igrexa románica situada nun contorno pintoresco, cunha beleza austera e detalles artísticos, ideal para explorar o patrimonio histórico e cultural da re...
Terra de canteiras
Unha ruta rural en Lugo con paisaxes naturais, pontes e viadutos históricos, igrexas e bosques frondosos. Ideal para camiñar e gozar do campo.
Ruta Muíños Mera
Un lugar máxico con fervenzas, muíños históricos e unha rica biodiversidade. Ideal para sendeirismo, ofrece vistas impresionantes e formacións rochosas.
Ruta das Chousas
Un sendeiro natural e etnográfico con abundante vexetación, fauna diversa e elementos culturais como muíños e pontes, ideal para amantes da natureza.
O Vello Lugo Agrario
Unha ruta máxica que presenta un monumento romano único, paisaxes agrícolas tradicionais, muros de pedra galegos e unha rica variedade de flora, ideal para o...
O pequeno Froilán
Unha ruta turística en Lugo que combina historia e natureza: o muro romano, a catedral, o regueiro das Hortas, a ponte romana e o bosque de San Lázaro.
Lucenses
Unha ruta histórica con muros romanos, pontes antigas, un contorno natural frondoso e un cemiterio icónico de relevancia artística e histórica. Ideal para tu...
Lamas
Un sendeiro natural con fermosas paisaxes, bosques e arte urbana. Ideal para fuxir do bullicio e gozar da natureza preto do río Miño.
Garabolos
Esta ruta urbana ofrece vistas panorámicas, arte urbana e natureza, coas ruínas dun acueduto romano como atractivo destacado. Ideal para o turismo cultural e...
As ribeiras altas- Miño arriba
Unha ruta ideal para deportes acuáticos, cunha paisaxe de carballais e pradeiras. As excursións en remo e en catamarán son un dos puntos máis destacados. As ...
Anel Verde
Unha ruta circular de 20 km en Lugo, notable polos seus bosques, arte urbana e rica fauna. Ideal para camiñar e gozar da natureza sen saír da zona urbana.
A senda do Fervedoira
Unha ruta por Lugo con paisaxes espectaculares, arte urbana, vexetación frondosa e barrios pintorescos. Ideal para amantes da natureza e da cultura.
A beira oeste
Bosques frondosos, sendeiros encantadores e patrimonio etnográfico ofrecen unha experiencia única para os camiñantes, con vistas impresionantes e unha rica h...
Vía Künig
Variante xacobea histórica que accede a Lugo e conecta co Camiño Primitivo de Santiago
Camiño Primitivo de Santiago
Tramo do Camiño Primitivo entre a paisaxe rural, o centro histórico e a Ponte Romana de Lugo