Caras máxicas, Nadal de cores: taller infantil de creatividade

Caras máxicas, Nadal de cores: taller infantil de creatividade

Creatividade do Nadal para peques no Mercado Municipal.

O sábado 19 de decembro, o Mercado Municipal énchese de cor con «Caras máxicas, Nadal de cores», un taller de creatividade para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Forma parte dos obradoiros infantís que o Concello organiza os sábados no Mercado Municipal, para que os máis pequenos coñezan o mercado e aprendan mentres se divirten.

Hai dúas quendas, de 11.00 a 12.30 e de 12.30 a 14.00, con 20 prazas cada un. É gratuíto e non fai falta inscribirse: basta con presentarse ao comezo da quenda.

E ás 13.00, no mesmo mercado, a banda lucense Claustromúsica ofrece unha sesión vermú cunha hora de música en directo.

  • Data: sábado 19 de decembro
  • Horario: de 11.00 a 12.30 e de 12.30 a 14.00
  • Lugar: Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros
  • Edad: de 4 a 12 anos
  • Prezo: gratuíto
  • Prazas: 20 por quenda, sen inscrición previa