Galletas de Nadal con formas: taller infantil de cociña

Galletas de Nadal con formas: taller infantil de cociña

Galletas do Nadal feitas por peques no Mercado Municipal.

O sábado 26 de decembro, o Mercado Municipal convértese nun obradoiro para os máis pequenos. En «Galletas de Nadal con formas», nenos e nenas de 4 a 12 anos preparan galletas con formas do Nadal.

Forma parte dos obradoiros infantís que o Concello organiza os sábados no Mercado Municipal, para que os máis pequenos coñezan o mercado e aprendan hábitos de alimentación saudable mentres se divirten.

Hai dúas quendas, de 11.00 a 12.30 e de 12.30 a 14.00, con 20 prazas cada un. É gratuíto e non fai falta inscribirse: basta con presentarse ao comezo da quenda.

E se queredes seguir co Nadal pola tarde, ás 19.00 a banda lucense Claustromúsica dá un concerto na Praza de Abastos, xusto ao lado.

  • Data: sábado 26 de decembro
  • Horario: de 11.00 a 12.30 e de 12.30 a 14.00
  • Lugar: Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros
  • Edad: de 4 a 12 anos
  • Prezo: gratuíto
  • Prazas: 20 por quenda, sen inscrición previa