Concertos de Nadal na Catedral de Lugo
A Catedral de Lugo acolle dous concertos de Nadal moi distintos.
Sábado 12 de decembro, 18.00 · «In Navitate Domini», Concentus Lucensis
O título, en latín, significa «No nacemento do Señor». Concentus Lucensis é unha conxunto vogal e instrumental con sede en la propia Catedral de Lugo. Naceu en 2022 da colaboración entre mestres e solistas de formacións lucenses como Só Voces e o Orfeón Lucense. Adoita cantar cunha soa voz para cada parte e ten especial predilección pola polifonía renacentista.
Venres 25 de decembro · María do Ceo
O día de Nadal, a Catedral recibe a unha das voces do fado en Galicia. María do Ceo naceu #no Porto e trasladouse coa súa familia a Ourense cando tiña dez anos. Canta fado e bolero e tamén compón. O seu estilo descríbese a miúdo como unha ponte musical entre as culturas portuguesa e galega.