Carrusel de Nadal na Praza Agro do Rolo

Carrusel de Nadal na Praza Agro do Rolo

O Nadal tamén dá voltas na zona norte

Este ano o Nadal tamén xira no Agro do Rolo. Na praza haberá un carrusel decorado con luces de ton cálido, grilandas e figuras #do Nadal, con música de fondo en cada volta. Montar é gratis para todo o mundo.

O carrusel abre todos os días do 18 de decembro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027, en dúas quendas: de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00. Hai algunhas excepcións:

  • 24 e 31 de decembro: 12:00 a 14:00 y de 16:00 a 21:00
  • 25 de decembro e 1 de xaneiro: pechado.

Sesións adaptadas. Haberá polo menos catro sesións dunha hora para persoas con discapacidade, con trastorno do espectro autista ou con hipersensibilidade sensorial, e para quen as acompaña. Durante esas sesións apágase ou se baixa a música, as luces deixan de parpadear e estas persoas pasan primeiro. Os días e as horas anunciaranse nos carteis do carrusel e no programa de Nadal.

Na praza de Ferrol, dentro da muralla, hai outro carrusel co mesmo horario. Se vas do Agro do Rolo ao centro, podes pasar polos dous.

Esta actividade forma parte do Plan de Actuación Integrado Novo Norte, cofinanciado nun 60% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).