Nadal iluminado na praza de Alacante

Nadal iluminado na praza de Alacante

A praza de Alacante acéndese polo Nadal.

Á tardiña, a praza de Alacante convértese nun escenario de Nadal. Máis de 50 metros cadrados decorados, con figuras que se ven de lonxe (dúas superan os dous metros de altura), invitan a se achegaren, pasear entre elas e levarse unha foto. Las figuras son de madeira, estruturas iluminadas ou materiais reciclados, e a iluminación é LED de baixo consumo.

Horario de aceso

Todos os días do 4 de decembro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027:

  • De domingo a xoves: de 18.00 a 00.30.
  • Venres, sábados e vésperas de festivo (7, 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro): de 18.00 a 2.00.

Catro prazas, catro historias

A praza de Alacante forma parte dun conxunto de catro espazos do Nadal na zona norte de Lugo, xunto coa rúa Menorca, o parque de Frigsa e a praza que hai diante do CIS de la antiga residencia de la Rúa Saúde. Cada espazo conta unha historia distinta, con personaxes que non se repiten nos demais. Se vas a un, fáltanche tres.

O percorrido cara ao centro segue cos carruseis da praza de Agro do Rolo e a praza de Ferrol, abertos do 18 de decembro ao 6 de xaneiro, ata chegar ao Mercado de Nadal da Praza Maior.

Esta actividade forma parte do Plan de Actuación Integrado Novo Norte, cofinanciado nun 60% por la Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).