Paseos guiados Novo Norte
Os barrios do norte de Lugo gardan máis historia de la que parece. Este decembro podes descubrila en catro paseos guiados, cada un cun tema distinto, que combinan o patrimonio da zona coa decoración e a iluminación do Nadal que se instala nestas rúas.
Todos saen do Mercado de Nadal da Praza Maior e duran dúas horas.
Arte nas rúas · Sábado 19 de decembro, 11.00
Un paseo para descubrir a arte que hai nas rúas e nos espazos públicos dos barrios do norte.
Patrimonio milenario · Mércores 23 de decembro, 17.00
Un percorrido pola historia máis antiga da zona, coas pegadas do seu patrimonio histórico e arqueolóxico, que une o centro da cidade cos barrios do norte.
Patrimonio natural · Sábado 26 de decembro, 11.00
Zonas verdes, elementos naturais e curiosidades sobre a natureza dos barrios do norte.
Patrimonio contemporáneo · Mércores 30 de decembro, 17.00
Como cambiaron nos últimos anos as rúas e a arquitectura da zona, e que outros elementos forman o seu patrimonio máis recente.
Nos paseos dos mércores, boa parte do percorrido faise xa de noite, coas luces de Nadal acesas.
- Saída: Mercado de Nadal, Praza Maior
- Duración: 2 horas
- Público: todos os públicos
Esta actividade forma parte do Plan de Actuación Integrado Novo Norte, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).