Mañás tranquilas no Mercado de Nadal

Mañás tranquilas no Mercado de Nadal

Unha hora á semana sen música nin luces intermitentes

A música, as luces e a xente poden facer que un mercado de Nadal resulte esgotador para algunhas persoas. Por iso, unha mañá á semana, o Mercado de Nadal da Praza Maior baixa o ritmo durante unha hora. Estas mañás están pensadas para persoas con discapacidade, con trastorno do espectro autista (TEA) ou con hipersensibilidade sensorial, e para quen as acompaña.

Que cambia durante esa hora

  • Non soa música en todo o mercado.
  • As luces quedan fixas: apáganse as cortinas de luz con efecto flash e os focos que cambian de cor ou móvense.
  • Entra menos xente á vez.
  • As persoas a las que van dirixidas estas mañás, e os seus acompañantes, teñen acceso prioritario.

Apoios

  • Un plano do mercado con pictogramas.
  • Unha zona tranquila sinalizada, para descansar se fai falta.
  • Persoal do mercado que coñece como funcionan estas mañás e pode orientarvos.

Cando

De 11.00 a 12.00:

  • Mércores 9 de decembro
  • Mércores 16 de decembro
  • Mércores 23 de decembro
  • Mércores 30 de decembro
  • Luns 4 de xaneiro

O 23 e o 30 de decembro e o 4 de xaneiro hai un taller infantil ás 12.00, xusto ao terminar a mañá tranquila. A partir desa hora, o mercado xa funciona con música e luces normais.

O mercado ten un itinerario sen chanzos, de polo menos 1,50 metros de ancho, e un aseo adaptado xunto á caseta de recepción.