Luces de Nadal no parque de Frigsa

Luces de Nadal no parque de Frigsa

Un paseo entre figuras de luz no parque de Frigsa.

 

O parque de Frigsa engade este Nadal unha parada máis ao seu paseo de sempre. Nunha zona de polo menos 50 metros cadrados móntase unha escena do Nadal con tres figuras de gran formato, dous delas de máis de dous metros. Pola tarde, cando se acenden las loces, a escena é perfecta para unha foto ou simplemente para pararse un intre para mirala. Todo está feito con madeira, estruturas de luz ou materiais reciclados, e iluminado con LED de baixo consumo.

Aceso

Do 4 de decembro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027, todos os días:

  • De domingo a xoves: de 18.00 a 00.30.
  • Venres, sábados e vésperas de festivo (7, 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro): de 18.00 a 2.00.

Un roteiro pola zona norte

Este é un dos catro espazos do Nadal da zona norte, xunto á rúa Menorca, a praza de Alacante e a praza situada ante o CIS da antiga residencia da Rúa Saúde. Comparten unha mesma idea, pero cada un ten a súa temática e os seus personaxes, así que ningunha parada parécese a outra.

Se segues cara ao centro, espérante os carruseis da praza de Agro do Rolo e a praza de Ferrol, do 18 de decembro ao 6 de xaneiro, e ao final do camiño o Mercado de Nadal da Praza Maior.

Esta actividade forma parte do Plan de Actuación Integrado Novo Norte, cofinanciado nun 60% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).