Black Box. Unha saga épica

Black Box. Unha saga épica

Cincocentos anos de historia contados desde a memoria dunha familia, co público sentado á mesa.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Data: xoves, 3 de decembro de 2026
Hora: 20:30
Idade recomendada: Adultos

Sinopse:
Que teñen en común un mariñeiro da armada de Vasco da Gama —a primeira en abrir a ruta marítima cara ás Indias—, un bandoleiro que decidiu impartir xustiza á marxe do rei, unha mestra de comezos do século XX que fundou unha compañía de monicreques e un pintor que cruzou o Mediterráneo nun pequeno barco na procura da liberdade?

Todos eles son os meus devanceiros.

Durante os últimos cincocentos anos, as súas vidas avanzaron en paralelo aos grandes movementos da Historia: a expansión marítima, as ditaduras, as resistencias, os exilios. Este relato familiar non pretende corrixir a Historia oficial, senón mirala desde quen a viviu en primeira persoa. Na miña familia lembramos os nosos antepasados arredor da mesa; alí compartimos non só a comida, senón tamén a súa memoria.

Hoxe ese xesto trasládase ao espazo escénico: convido o espectador a sentar comigo, a comer mentres escoita, para manter vivas estas historias e facelas circular, unha vez máis, de boca en boca.

Entradas: en entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo, ata 3 horas antes da función. Tamén no auditorio o mesmo día, desde unha hora e media antes do comezo.