gREAT sTRAITS :: The great songs of dIRE sTRAITS
Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Data: venres, 4 de decembro de 2026
Hora: 20:30
«The great songs of dIRE sTRAITS», o novo espectáculo musical de Óscar Rosende e a súa banda gREAT sTRAITS no que rende homenaxe á exitosa carreira musical de dIRE sTRAITS, é o único show de homenaxe á banda de Mark Knopfler capaz de seguir subindo chanzos na súa proposta musical, artística e técnica, concerto tras concerto e ano tras ano, ata acadar un nivel de despregamento e un éxito de billeteira únicos.
O pasado mes de xuño estrearon «dIRE sTRAITS Symphonic» coa Orquestra Sinfónica de Galicia, o espectáculo co que xirarán a partir de 2027, e anunciaron o concerto de fin de xira no Palacio Vistalegre de Madrid. Ambos os fitos supoñen un antes e un despois para gREAT sTRAITS e Óscar Rosende.
Unha auténtica viaxe sonora coa que gozar de novo en directo da maxia de todos os grandes éxitos compostos por Mark Knopfler, cunha posta en escena única en Europa, nove excelentes músicos no escenario e o aval de Óscar Rosende, guitarrista coruñés que chegou a confundir o propio músico escocés e a súa banda. En palabras de Guy Fletcher, teclista de dIRE sTRAITS: «Estaba tocando Why Aye Man e teño que dicir que pensei que era unha gravación nosa».