Vaia Nadal! Xogos de enxeño no museo (Casa dos Mosaicos)

Vaia Nadal! Xogos de enxeño no museo (Casa dos Mosaicos)

Xogo de enxeño para nenos e nenas na Casa dos Mosaicos: axuda o soldado romano Lucio a volver á súa época.

Lugar: Casa dos Mosaicos
Datas: mércores 23 e sábado 26 de decembro de 2026
Horario: de 17:00 a 19:30 h
Público: infantil

Lucio é un soldado romano moi zoupón. Mentres festexaba as Saturnais, as festas romanas de decembro, saltaba e danzaba cun anaco xigante de turrón. Tropezou co seu propio escudo e, do batacazo, viaxou no tempo ata o Nadal do século XXI. Para abrir o portal máxico e volver á casa precisa reunir catro amuletos romanos, e pídelles axuda aos nenos e nenas.

Como se xoga:

  1. Dicirlle ao gardián do tempo o contrasinal: «Io, Saturnalia».
  2. Ler a misión, escrita nun pergamiño.
  3. Usar o enxeño para completar o reto.
  4. Cando se consiga, comunicarllo ao gardián do tempo.

O xogo desenvólvese en catro espazos: Casa dos Mosaicos, Centro de Interpretación da Muralla, Centro Arqueolóxico de San Roque e Sala de Exposicións Porta Miñá.