Obradoiros e contos de Nadal no Vello Cárcere

Obradoiros e contos de Nadal no Vello Cárcere

Manualidades, contos e escritura para todas as idades.

Durante estas festas, O Vello Cárcere ofrece un programa de obradoiros e contos de Nadal para case todas as idades. Os máis pequenos poderán pintar, facer manualidades e escoitar historias do Apalpador e dos Bolechas. A mocidade e as persoas adultas poderán crear o seu propio fanzine ou escribir desde o Polo Norte. Para as persoas maiores de 60 anos, haberá obradoiros para elaborar unha coroa de Nadal e decorar a casa.

Para nenas e nenos

  • Mércores 16 de decembro, de 17:30 a 18:30: A toda cor · «Un burro moi enredado»
  • Mércores 23 de decembro, de 17:30 a 18:30: A toda cor · «A tropa do Nadal»
  • Xoves 24 de decembro, de 17:00 a 18:00: Laboratorio de historias · «Cartas desde o Polo Norte»
  • Sábado 26 de decembro, de 11:00 a 12:30 e de 12:30 a 14:00: Contacontos miúdos · «O castiñeiro do Apalpador»
  • Domingo 27 de decembro, de 11:00 a 12:30: Cousiñas xeitosas · «Nadal!»
  • Sábado 2 de xaneiro, de 11:00 a 12:30 e de 12:30 a 14:00: Contacontos miúdos · «Os Bolechas van á cabalgata dos Reis Magos»
  • Domingo 3 de xaneiro, de 11:00 a 12:30 e de 12:30 a 14:00: Cousiñas xeitosas · «Nadal!»

Para mocidade e persoas adultas

  • Martes 15 de decembro, de 17:30 a 18:30: Á marxe · «Fanzine Nadal»
  • Xoves 17 de decembro, de 17:30 a 18:30: Escritura creativa · «Remitente: Polo Norte»
  • Martes 22 de decembro, de 17:30 a 18:30: Á marxe · «O ano en recortes»

Para persoas maiores de 60 anos

  • Martes 15 de decembro, de 16:30 a 17:30: Crea + · «Coroa de Nadal»
  • Martes 22 de decembro, de 16:30 a 17:30: Crea + · «A casa vestida de Nadal»
  • Lugar: O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n)
  • Inscrición: prazas limitadas; reserva en vellocarcere@lugo.gal ou no 982 297 195